Infographic Template Galleries

Created with Fabric.js 1.4.5 Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillería de Ferrol, (Patente ES0190698 A) solicitada o 7 de decembro de 1949. O peso total do aparado era de 50 gramos, cumprindo con un dos obxectivos da inventora, que era a redución do volume nas carteiras dos escolares. Así mesmo, Ángela consideraba que a súa era a enciclopedia máis económica das coñecidas daquela. Estudou na Escola de Maxisterio de León (1915-1916). Foi docente e directora na Escola de Gordón (León) en 1917.Comezou a impartir docencia no colexio de Santa Uxía de Mandiá (Ferrol) e posteriormente foi xerenta da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Foi profesora tamén na Escola Obreira gratuíta e do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Ángela Ruíz Robles Como inventora, recibiu numerosos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas. Conta coa Cruz da Orde de Afonso X en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Nos meses de outubro a novembro de 2011, a Biblioteca da ETSIIT da Universidade de Granada dedicoulle unha exposición titulada: Ángela Ruiz Robles; la precursora del e-book. Desde o ano 2013, un dos Premios Nacionais de Informática, concedidos pola Sociedade Científica Informática Española (SCIE), leva o seu nome. Está dedicado ás actividades que promovan a emprendeduría na área das tecnoloxías da información e comunicación. Biografía Carreira profesional Premios
Create Your Free Infographic!